A CIDADE: VIGOA cidade do Salón Delicatessen
Éunha cidade moderna, industrial e dinámica de 300.000 habitantes. Na actulidade Vigo lidera unha mancomunidade integrada por 11 concellos, o que implica un área de influencia aproximada de 500.000 habitantes. Poderíase definir á cidade de Vigo coma o norte do sector industria, dentro dos dous nortes, o norte de Galicia e o norte de Portugal.

Datos de intesese:
Renfe:
Horarios de trenes
www.renfe.es

Estación de autobuses:
986 373 411

Vitrasa
Viguesa de Transportes S.A.
Trasnporte urbano por autobús
www.vitrasa.es

DGT
Dirección General de Tráfico:
www.dgt.es

Audasa
Autopista del Atlántico.
www.audasa.es

ENA
Autopista Vigo-Baiona
www.autoestradas.com

Aena
Aeropuerto de Vigo
horarios de vuelos
www.aena.es

Estación marítima:
986 225 272

Situada a medio camiño entre estes dous estratéxicos puntos xeográficos, a cidade olívica é a urbe galega que ten experimentado un maior incremento de actividade industrial, sector este que se ten proxectado na cidade ó longo da súa historia. Sectores productivos de gran repercusión a nivel internacional coma a pesca, o granito, o naval e o automobilístico, teñen sifo e seguens endo hoxe en día, o motor empresarial de Vigo. É a primeira cidade industrial de Galicia co núcleo urbano máis poblado, 350.000 habitantes, encabeza na actualidade o ránking das cidades galegas con maior índice de negocio. A súa vida cultural caracterízase por ser precusora de tendencias vangardistas na arte, literatura, música e deseño. Na súa parte antita atópase o barrio pesqueiro do Berbés, con rúas pequenas, estreitas e empinadas, franqueadas por casas de pedra. As súas rúas están cheas de bares, mercadillos e galerías de arte. O centro da cidade é o corazón da zona comercial e as súas famosas praias de branca e fina area están a menos de 15 minutos do recinto feiral. Vigo é unha cidade ben comunicada cos principaos núcleos urbanos de Galicia, península, así como enlaces internacionais, tanto por avión, ferrocarril, barco ou automóbil.

Conexións:

Estrada: A autovía do Noroeste conecta a cidade con Madrid. A autovía das Rías Baixas enlaza Vigo co Norte de Portugal, conectándose coa autopista portuguesa cara Lisboa, existindo na actualidade un ramal que permite circular, sen deixar a autopista, ata Baiona. A autopista do Atlántico conecta Vigo co Norte de Galicia, a través de Pontevedra, Santiago e A Coruña.
En autobús: A estación de autobuses está situada na Avenida de Madrid. As principias conexións enlazan Vigo con Madrid, Barcelona, Bilbo-Donostia-Irún, Asturias-Cantabria, Oporto-Lisboa e Vitoria-Pamplona. Tamén conta con rutas internacionais con Bélxica, Holanda, Alemaña, Polonia, Inglaterra, Francia e Marrocos.
En tren: A estación de ferrocarril atópase no centro da cidade, no barrio de Casablanca. Ademáis de enlazar coas cidades veciñas (hai varias conexións diarias con Ourense, Pontevedra, santiago, A Coruña e Oporto) a oferta inclúe Expresos e Talgos cada día con Madrid e Barcelona e trens directos a León, Irún e Ponferrada.
En barco: O porto vigués recibe cada ano milleiros de pasaxeiros de cruceros. Respecto ás travesías domésticas, entre o 15 de xuño e o 15 de setembro, ademais de semana santa, realízanse rutas diarias ás Illas Cíes e excursións pola ría. Durante todo o ano hai transporte horario ás localidades de Moaña e Cangas do Morrazo. Os billetes poden adquirirse na Estación Marítima, na rúa Cánovas del Castillo.

En avión: O aeroporto de Peinador está situado a 10 kilómetros do centro da cidade. Conta cunha ampla oferta de viaxes regulares a Madrid, Barcelona, Bilbo, Canarias, Alicante, Sevilla, Valladolid, París, Copenhague e Frankfurt, ademais dos voos charter.



© Ana Montenegro & Asociados, S.L.
Arenal 138,Oficina 7. E-36201 -VIGO [ España ] Teléfono: +34 986447549 Fax: +34 986 449577
e-mail: info@salonDO.com