O RECINTO: IFEVIO IFEVI, Instituto Feiral de Vigo, será o lugar de celebración do Salón Delicatessen
![]()
Avda. do Aeroporto, 772 Cotogrande | 36318 Vigo | España
Telf.: +34 986 486 144 | Fax : +34 986 486 071
e-mail: info@ifevi.com
web: http://www.ifevi.com
Datos de interese: |
O Instituto Feiral de Vigo IFEVI nace comprometido a converterse nun apaixoante mundo de negocios e no mellor escaparate do noroeste peninsular. O seu carácter dinámico, exento de interese lucrativo e a súa clara vocación de institución xeradora de servicios, convírtenno hoxe en día en obrigado punto de encontro de tódolos profesionais do seu eido de influencia.
Desfruta dunha situación estratégica, a 200 metros do aeroporto de Vigo, moi preto da autovía a Portugal e da saída da autopista que comunica A Coruña e Vigo.
Está concebido para ofrecer a expositores e visitantes tódolos servizos necesarios que un certame destas características require. Cunha afluencia de público que xa supera o millón de visitantes, o carácter dinámico e innovador de IFEVI é hoxe a mellor garantía de éxito para o profesional disposto a medrar e asumir novos retos